Transporte

Cómo llegar a Pontevedra

POR CARRETERA
Pontevedra está comunicada por la Autopista del Atlántico (AP-9) que vertebra la Galicia costera de norte a sur pasando por las ciudades más importantes de la comunidad. Desde Portugal, la A3 conecta ciudades portuguesas como Lisboa, Braga u Oporto con la AP-9 que llega a Pontevedra. La autovía de las Rías Baixas (A-52) comunica la ciudad con la meseta central y Madrid.

EN AVIÓN
Los dos aeropuertos más cercanos son el Aeropuerto de Vigo (VGO) (a 9 km de Vigo y a 28 km de Pontevedra) y el Aeropuerto de Santiago de Compostela (SCQ) (a 10 km de Santiago y 64 km de Pontevedra). Ambos tienen conexión con las principales ciudades del país a diario. Después puedes coger el coche para llegar rápidamente a Pontevedra o utilizar el autobús urbano, que lleva directamente a la estación de tren correspondiente y desplazarte en tren hasta Pontevedra (unos 20 minutos desde Vigo y unos 35 minutos desde Santiago).

EN TREN
En la web de Renfe puedes consultar las conexiones directas que existen en tren hasta Pontevedra. Hay varias rutas diarias desde Madrid y conexiones desde Alicante y otras ciudades del sur y este de España. Además, tienes trenes cada hora que conectan el Eje Atlántico entre Vigo y A Coruña pasando por Pontevedra, Vilagarcía de Arousa y Santiago de Compostela. El viaje desde Madrid dura entre 6 y 7 horas, ¡pero es una buena opción si necesitas trabajar o descansar de camino a la WordCamp!

EN AUTOBÚS
Venir en autobús, no te vamos a engañar, es una alternativa para valientes. Desde Galicia no supone mayor problema y en la web de Monbus encontrarás muchas opciones para llegar hasta aquí. Si haces el viaje desde la cornisa cantábrica (Asturias, Cantabria, País Vasco… hasta Irun) o desde Castilla y León, puedes ver las opciones que ofrece ALSA. Y si quieres venir desde Madrid o más abajo, en la web de Avanza encontrarás los trayectos.


Como chegar a Pontevedra

POR ESTRADA
Pontevedra comunica coa Autoestrada do Atlántico (AP-9) que vertebra a Galicia costeira de norte a sur sen esquecer as cidades máis importantes da comunidade. Dende Portugal, a A3 conecta cidades portuguesas como Lisboa, Braga ou Porto coa AP-9 que vai a Pontevedra. A autovía das Rías Baixas (A-52) enlaza a cidade coa meseta central e Madrid.

EN AVIÓN
Os dous aeroportos que se atopan máis preto son o Aeroporto de Vigo (VGO) (a 9 km de Vigo e a 28 km de Pontevedra) e o Aeroporto de Santiago de Compostela (SCQ) (a 10 km de Compostela e a 64 km de Pontevedra). Ámbolos dous manteñen conexións diarias coas principais cidades do país. Despois podes conducir ata Pontevedra, de xeito que non tardarás moito, ou usar o autobús urbano que vai directamente á estación de tren correspondente e viaxar en tren ata Pontevedra (arredor de 20 minutos dende Vigo e arredor de 35 minutos dende Santiago).

EN TREN
No sitio web de Renfe podes consultar as conexións directas que existen con Pontevedra por medio do tren. Existen varias rutas diarias dende Madrid e outras conexións dende Alacante e máis cidades do sur e leste de España. Amais, hai trens que conectan o Eixe Atlántico entre Vigo e A Coruña cada hora pasando por Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Santiago de Compostela. A viaxe dende Madrid dura entre 6 e 7 horas, pero é unha boa opción se tes que traballar ou queres descansar no traxecto!

EN AUTOBÚS
Vir en autobús, non imos mentir, está reservado para a xente afouta. Dende Galicia non implica moito trastorno e no sitio web de Monbus atoparás diferentes opcións para chegar ata aquí. Se fas a viaxe dende a costa cantábrica (Asturias, Cantabria, País Vasco… ata Irun) ou dende Castela e León, mira as alternativas que ofrece ALSA. E se queres visitarnos dende Madrid ou dende máis abaixo, na páxina web de Avanza ofrécenche máis rutas.


PonteWordCamp 2019 is over. Check out the next edition!